O xogo do Escuadrón Suicida non sairá até o ano que vén

xoves, 13 de abril do 2023 Marcus Fernández

O xogo Suicide Squad: Kill The Justice League pretendía ver a luz para PS5, Xbox Series X|S e PC en 2022, pero o ano pasado tiveron que anunciar que o lanzamento do xogo adiábase até a primavera de 2023, pero tras a publicación dun vídeo no que podía verse o xogo en acción, as críticas levaron a que Rocksteady tivese que revisar o seu traballo, e sorprenden agora por adiar o xogo do 26 de maio de 2023 ao 2 de febreiro de 2024, o que supón unha acumulación de retrasos moi importante, que deixa claro que os estudios non queren que as súas grandes producións teñan unha mala acollida, e prefiren ser prudentes cos prazos para poder manter o seu prestixio.
Os responsables do xogo aseguran que mudaron a data de lanzamento para poder conseguir que o xogo ofrece a mellor experiencia posible, agradecendo tamén a paciencia e comprensión da comunidade de xogadores.
Queda agora por ver se o xogo simplemente chegará máis pulido ou se realizarán cambios máis profundos para eliminar os elementos que provocaron un maior rexeitamento por parte dos xogadores (como o feito de que para xogar en solitario sexa preciso contar con conexións á Internet constante).

PUBLICIDADE