O xogo de fitness de Jilian Michael terá secuela

martes, 17 de marzo do 2009 Marcus Fernández

A finais de outubro do ano pasado chegou ás tendas norteamericanas o xogo para Wii Jillian Michaels’ Fitness Ultimatum 2009, que fai uso da táboa de equilibrio da consola de Nintendo e álzase como unha boa alternativa aos Wii Fit por estar desenvolvido cunha perspectiva moi diferente, xa que este título ten máis puntos en común cunha sesión de pista americana que cunha clase de aerobic, o que calou no público de xeito que superou o medio millón de copias vendidas pese a non comezar a súa andaina internacional (debería chegar a Europa a finais do mes de abril). En vista desta acollida, os seus desenvolvedores, 3G Studios, aseguran que no futuro anunciarán secuelas deste título para «incrementar a audiencia para a súa franquía de videoxogos».

Jillian Michaels’ Fitness Ultimatum 2009 superou as 500.000 copias vendidas nos EE.UU.

PUBLICIDADE