O xogo de The Walking Dead estrea esta semana o seu terceiro episodio

martes, 28 de agosto do 2012 Marcus Fernández

O videoxogo de Telltale Games baseado na franquía de The Walking Dead chega ao seu ecuador esta semana, cando se distribúe nas distintas plataformas de descarga o terceiro episodio dos 5 que forman esta aventura baseada principalmente no cómic de Robert Kirkman que inspirou á serie de televisión que leva o mesmo título e que acadou grande éxito internacional. Este episodio do xogo de The Walking Dead deba por título Long Road Ahead (Un longo camiño por diante) e promete ser o máis emocionante ata hoxe, con situacións moi crúas que cativarán aos seareiros deste tipo de historias nas que os mortos viventes só son o catalizador dunha narración na que vemos as reaccións de persoas sometidas a situacións límites.
Os usuarios de PlayStation 3 poderán adquirir o episodio por 4,99 euros e os de Xbox 360 poderán facerse con el por 400 Microsoft Points (4,8 euros), existindo tamén a posibilidade de mercar o xogo completo (tendo que agardar ao lanzamento de cada episodio como se dunha subscrición se tratase), o que se aplica tamén ás versións para PC, OS X e iOS, de xeito que podemos gozar de descontos de entre un 25% e un 40% de confiar neste proxecto que chegaría ás nosas plataformas de xogo como se dunha tempada dunha serie de televisión se tratase.


Trailer do novo episodio descargable de The Walking Dead

PUBLICIDADE