O videoxogo ambientado na Guerra Civil Española sairá finalmente en novembro

martes, 30 de outubro do 2007 Marcus Fernández

A empresa malagueña Legend Studios e Planeta DeAgostini Interactive presentaron o agardado xogo Sombras de Guerra: La Guerra Civil Española, que sería o primeiro título de estratexia en tempo real baseado no conflito bélico que marcou a historia de España entre 1936 e 1940 e que se anunciara para o outono de 2006.
O novo xogo permite tomar parte polo bando republicano ou o nacional, reescribindo as batalles históricas e permitindo mesmo cambiar o resultado final da Guerra Civil. O título lanzarase para PC e estará recomendado para maiores de 14 anos. Agárdase que se poña á venda por 29,95 euros durante a segunda metade do mes de novembro.


Vídeo de presentación do xogo

Os responsables do xogo agardan vender unhas 100.000 copias e o venderán tamén no estranxeiro, destacando que «non pretendemos abrir vellas feridas nin facer revanchismo» tal e como dixo Francisco Pérez, director de desenvolvemento de Legend.
O xogo precisou dun investimento de 3 anos de traballo e máis de 1 millón de euros, prestando especial atención á documentación, o que resultou sumamente complexo por mor da disparidade de datos que se ten sobre as distintas batallas (nas que datos coma o número de efectivos ou armamento de ambos bandos non quedaron ven recollidos). Tamén reflexa os elementos visuais da época (coma uniformes ou vehículos) e a historia non se limita ó control de exércitos, senón que a trama se enriquece coa participación de protagonistas (coma un lexionario, un piloto ruso, un soldado italiano ou unha miliciana) que fan que a experiencia de xogo máis atractiva.

PUBLICIDADE