O último xogo de Puzzle Bobble chegará a consolas PlayStation
venres, 4 de xuño do 2021
Finalmente o xogo Puzzle
Bobble VR: Vacation Odyssey, que introducÃa aos dragóns Bub e Bob na realidade
virtual, non vai limitar o seu percorrido aos cascos Oculus Quest, e contará
con versión para PlayStation VR, aÃnda que desta volta quixeron aproveitar a
ocasión para que o xogo estivese dispoñible para un público máis amplo, polo
que transformarase
en Puzzle Bobble 3D: Vacation Odyssey, ou sexa, que tamén poderá
xogarse en PlayStation 4 e PlayStation 5 sen contar con PlayStation VR.
O xogo en 3D conserva as mesmas mecánicas que a súa versión de VR, ou sexa, que
realmente temos as mesmas mecánicas que o Puzzle Bobble orixinal, no que
hai que lanzar bólas de cores a outras bólas que desaparecen cando se pegan
dende 3 bólas da mesma cor, só que estes
elementos ocupan un espazo tridimensional, o que fai que en vez de orientarse á
velocidade do xogo orixinal está pensado para partidas máis reflexivas, nas que
visualizar ben o espazo é importante para superar os distintos retos que se van
propoñendo para superar as distintas fases do xogo que ten previsto chegar ás
consolas de Sony a finais do presente ano.
VÃdeo promocional da Puzzle Bobble 3D: Vacation Odyssey