O último redeseño da PS3 estará dispoñible en branco

luns, 21 de xaneiro do 2013 Marcus Fernández

Tras a revisión do deseño da PlayStation 3 para adoptar unha aparencia aínda máis delgada resultaba evidente que Sony ía lanzar novos modelos da consola en distintas cores como xa aconteceu coas versións anteriores, anunciándose oficialmente nos EE.UU. un lote que inclúe unha PS3 de cor branca con 500 Gb de disco duro, un mando e unha subscrición dun ano a PlayStation Plus, e que finalmente poderemos ver en España o vindeiro día 31 por 309,99 euros, no que parece que será unha comercialización en exclusiva a través das tendas da cadea GameStop.
Pero a PS3 non está a estrear só versión en branco, senón que no Xapón tamén van a comezar a vender o 28 de febreiro versións da PS3 con 250 Gb de disco duro en cor azul e vermello a un prezo de 24.980 iens (209,66 euros) cada unha. Polo momento non se coñece se estas cores chegarán a comercializarse en Europa.


Vídeo promocional da nova PS3 branca

A PS3 estreará en febreiro 2 novas cores no Xapón

PUBLICIDADE