O último Devil May Cry terá edición definitiva para PS4
luns, 15 de decembro do 2014
Continúa
a vaga de edicións remasterizadas de
videoxogos da anterior xeración que se adaptan ás novas consolas, e hoxe dende
Ninja Theory anuncian
que o 17 de marzo de 2015 lanzarán a un prezo de 39,99 euros o xogo DmC: Definitive Edition para
PlayStatation 4, que supón a renovación e mellora da última entrega de Devil May Cry.
O xogo incorpora numerosas melloras que nacen das esixencias dos xogadores,
mellora a resolución dos seus gráficos (incluÃndo texturas, personaxes e
cinemáticas) e consegue moverse con fluidez a 60 imaxes por segundo a 1.080p, á
vez que integrará todos os contidos descargables que saÃran para o xogo
orixinal tras o seu lanzamento.
Este DmC para PS4 contará cun Modo
Turbo, que permite xogar un 20% máis rápido para conseguir un ritmo máis frenético;
permite activar o Modo Hardcore en calquera nivel de dificultade, para engadir
un maior nivel de reto a cada paso no xogo; a dificultade pode levarse ao
extremo co modo Gods Must Die;
permÃtese fixar inimigos manualmente; incorpórase o Modo Palacio Sanguento de
Vergil (con 60 niveis e Vergil como personaxe xogable); intégranse mods da comunidade; axustáronse
numerosos elementos de xogabilidade; e incluso engadiuse unha escena cinemática
inédita no xogo orixinal.
- O xogo actualiza os seus gráficos e incorpora numerosas melloras xogables na súa versión para PS4