O turismo rural das Terras de Ulla e Tambre contará cun servizo de reservas en liña

mércores, 13 de xaneiro do 2010

A Deputación de A Coruña, avanzando na promoción do interior da provincia coma destino turístico baixo a marca Terras de Ulla e Tambre, vai presentar no FITUR, concretamente o vindeiro día 20 ás 18:00 horas, unha nova páxina web baixo o dominio enoitemeiga.com que permitirá a contratación de reservas de turismo rural en Melide e Arzúa.

PUBLICIDADE