O software libre e galego habilitado por mancomun.org chega ás cen mil descargas

mércores, 23 de abril do 2008 Fernando Sarasketa

Xa o puidemos comprobar en Xuventude Galiza Net no stand de mancomun.org (porque unha cousa é imaxinar as máis que probables descargas e outra ben distinta ver o reparto diante): o paquete ofimático OpenOffice traducido ó galego tivo que ser obxecto dunha reposición e dun control constante, tal foi o interese dos visitantes por carretalo a casa. De feito, este que escribe chegou a recibir até cinco chamadas nunha soa mañá para advertilo de que non se lle ocorrera marchar de alí sen levar outros tantos programas traducidos e dispostos por mancomun.org, plataforma de usuarios e deseñadores galegos de software libre e da Consellería de Innovación.
Pois ben, tendo en conta que as cifras son a mellor maneira de explicar un éxito, a dita rede de traballo vén de facer reconto do traducido, do habilitado e do descargado: case 100.000 descargas dende a web, 31.200 CDs de DVDs distribuídos de xeito físico dos máis de 10 programas traducidos e unha ferramenta en concreto, o dito OpenOffice, que xa foi obxecto de 67.000 descargas.
Destas, máis de 56.000 atinxiron ó paquete e o resto a complementos.
Por certo que o éxito desta última distribución en Xuventude Galiza Net son se limitou o continuo trasfego de material dixital, senón que tamén se reflectiu no proceso colectivo de translación ó galego da versión 3, ó que contribuíron arreo os participantes da xuntanza.
Ó OpenOffice ségueo o navegador Firefox en importancia no número de baixadas, cunha cifra de 10.500 descargas, número semellante ó que acadou o corrector ortográfico, que opera asemade con cliente de correo Thunderbird. Este, por certo, recibiu 1.500 solicitudes, sendo 500 as do Sunbird e 360 as do software para bancos de tempo. Igualmente salientables foron as 3.267 de Traducíndote, unha ferramenta da que xa falamos nesta mesma web e que consiste nunha engadidura ó OpenTrad encamiñada a permitir a tradución de documentos enteiros en dous sensos e a través de múltiples pares de lingua: galego, español, catalán, portugués

PUBLICIDADE