O servizo de banda larga universal decepciona

luns, 14 de novembro do 2011 Marcus Fernández

Juan Junquera foi o encargado de dar conta dos detalles da nova oferta de banda larga universal

O secretario de Estado de Telecomunicacións e para a Sociedade da Información, Juan Junquera, deu a coñecer algúns detalles sobre o servizo de banda larga universal de 1 Mbps que Movistar ofrecerá a partir de xaneiro de 2012 para todos os cidadáns españois con independencia do seu lugar de residencia, o que moitos consideran como unha oferta cara e desfasada, xa que inclúe limitacións que poucos usuarios domésticos considerarían aceptables. Así, os usuarios que xa teñan teléfono fixo deberían pagar 19,9 euros/mes por unha conexión de acceso á Internet a 1 Mbps que reduciría a súa velocidade a 128 Kbps ao superar os 5 Gb de transferencia, ou sexa, que se ofertarían a usuarios domésticos unhas condicións propias da banda larga móbil.
Ademais, no caso de non contratar telefonía fixa, o prezo desta precaria conexión subiría aos 29,9 euros/mes cunha cota de alta de 66 euros, o que parece unha tarifa incluso menos competitiva que as existentes no mercado alí onde exista cobertura 3G.

PUBLICIDADE