O segundo episodio de Sonic 4 chegará para o Nadal

xoves, 16 de febreiro do 2012 Marcus Fernández

Cando parecía que o xogo Sonic The Hedgehog 4 Episode I xa estaba esquecido tras o seu paso pola Xbox 360, a PlayStation 3, a Wii e o iPhone, no que podería considerarse un rotundo fracaso se temos en conta a expectación que crear previamente este título e a tibia acollida que tivo, finalmente van sentándose as bases para un novo capítulo descargable desta aventura, e SEGA confirma que Sonic the Hedgehog 4 Episode II chegará en decembro, cunha aparencia moi de Nadal como podemos ver nas imaxes do xogo que difundiu a compañía.
Tamén adiantan que o vindeiro 23 de febreiro van estrear o primeiro trailer do xogo no que poderá verse o título en acción, para que o público poida comprobar que este novo episodio ten moito que ofrecer.

O xogo contará con fases moi atinadas para o tempo de Nadal
Sonic volverá a contar coa axuda de Tails nesta nova aventura

PUBLICIDADE