O sábado celebrarase a Raiola Marketing Conference na Coruña

mércores, 27 de setembro do 2023 Redacción

Raiola Networks organiza a sexta edición do seu congreso anual Raiola Marketing Conference, encontro de márketing en liña que congrega na Coruña a un total de 16 relatores o vindeiro sábado en PALEXCO, para achegar explicacións prácticas, claras e detalladas sobre todas as áreas do márketing dixital e compartir claves e ferramentas que aplicar no seu traballo diario. Tamén se celebrarán relatorios de emprendemento.
O desenvolvemento do Raiola Marketing Conference divídese en 12 intervencións de profesionais do márketing dixital español, coa presenza destacada de Miguel Florido e Luís Villanueva, que son referentes do sector, e do youtubeiro Lord Draugr, entre outros. Ademais, o evento conta cunha mesa redonda de SEO que analizará as últimas tendencias, estratexias e mellores prácticas para mellorar o posicionamento dun sitio web en buscadores da Internet.

PUBLICIDADE