O rural asturiano estréase na banda larga por fibra óptica

mércores, 8 de agosto do 2007 Marcus Fernández

No pasado mes de marzo Alcatel finalizou as obras de espallamento dunha rede de fibra óptica en 21 localidades asturianas das comarcas do Nalón, o Caudal e o suroccidente de Asturias cun total de 220 quilómetros de cable, achegándose ó resto de zonas rurais nas que o cable non é viable mediante satélite ou LMDS creando así a infraestrutura que se dá en chamar Astrucón, e que comezará a explotarse comercialmente pola empresa Adamo, de xeito que os privilexiados en ter conexión a esta rede poden contratar conexións de ata 100 Mbps de baixada e 20 Mbps de subida por só 29 euros/mes (cunha cota de alta de 35 euros) ou de 100 Mbps simétricos por 49 euros/mes.


Vídeo de presentación de Asturcón

As conexións domésticas mediante tecnoloxía FTTH inclúen contas de correo electrónico ilimitadas (cunha capacidade de 2 Gb), un almacenamento de datos seguro de 1 Gb e 5 enderezos IP dinámicos. A oferta tamén se pode combinar cunha tarifa plana de chamadas a teléfonos fixos de toda España por 9 euros adicionais.
A nova plataforma tamén comercializará televisión nos vindeiros meses, estando traballando nun servizo televisivo baseado en IP preparado para a alta definición.
O servizo aínda está en probas, amosándose unha grande satisfacción por parte dos usuarios actuais, distribuídos na seguintes poboacións: Tineo, Cangas del Narcea, Tuilla, Blimea, El Entrego, Sotrondio, Rioturbio, Pola de Lena, Santa Cruz, Figaredo, Turón e Ujo. A finais de setembro se incorporarán a esta rede Pola de Laviana e Barredos, e antes de rematar o ano terán servizo Villanueva, Caborana, Moreda, Oyanco, Cabañaquinta, Felechosa e Santa Eulalia de Morcín.

PUBLICIDADE