O protagonista de Monkey Island aparecerá no novo xogo de Star Wars

mércores, 29 de setembro do 2010 Marcus Fernández

O xogo Star Wars: El Poder de la Fuerza II chegará nas súas distintas versións o vindeiro 29 de outubro incorporan unha sorpresa tan orixinal coma inesperada, pois no xogo será posible desbloquear un skin (prestación que agardamos que sexa de balde) para converter a Starkiller, protagonista do xogo, no simpático aspirante a pirata Guybrush Threepwood, popular polas súas aventuras na saga The Secret of Monkey Island.
A confirmación desta nova incorporación no xogo anunciouse a través da páxina de Facebook do xogo, polo que agora poderemos levar Guybrush dos mares a unha galaxia moi afastada, no que supón un contido adicional que seguramente conte con moitos partidarios, pois a saga de Monkey Island acadou status de xogo de culto grazas á fidelidade dos seus seareiros.

PUBLICIDADE