O primeiro debate entre Zapatero e Rajoy sumou as 400.000 visitas na Internet

venres, 29 de febreiro do 2008 Marcus Fernández

O debate electoral do pasado luns non só acadou audiencias millonarias na televisión, senón que se converteu nun auténtico fenómeno na Internet, sumando 400.000 visitas nos 50 sitios de Internet que emitiron o sinal de vídeo en directo, chegándose ás 140.000 visitas simultáneas, o que suporía o mellor dato rexistrado en España ata o momento.
A transmisión se realizou a través dun acordo de colaboración coa empresa española LIXESA, que proporcionou os datos do seguemento que deron a coñecer dende a Academia de Televisión.
O vindeiro día 3 se celebrará o vindeiro debate entre José Luis Rodríguez Zapatero e Mariano Rajoy, e quedará por ver se superan os resultados do cara a cara desta semana. O segundo combate dialéctico se poderá seguir a través de máis de 32 canles de televisión españolas e 50 páxinas web, estreando para a ocasión un sistema que permitirá que as persoas con problemas auditivos poidan seguir o debate.

PUBLICIDADE