O primeiro Tomb Raider chega a iOS

martes, 17 de decembro do 2013 Marcus Fernández

En 1996 Eidos Interactive publicou un videoxogo para MS-DOS, PlayStation e SEGA Saturn, que viña a ser unha aventura protagonizada por un Indiana Jones feminino que respondía ao nome de Lara Croft, e que acabaría converténdose en toda unha icona no mundo dos videoxogos, e agora, este Tomb Raider orixinal chega a dispositivos móbiles de Apple a un prezo de só 0,89 euros, ofrecendo un clásico conservando unha experiencia sin adulterar, aínda que incluíndo tamén os niveis adicionais que se engadiron ao xogo no seu relanzamento en 1998.
Este xogo pode controlarse mediante pantalla táctil ou con mandos físicos externos (como o Logitech PowerShell) achegando unhas 15 horas de xogo nas que podemos explorar un basto contorno cheo de misterios, realizar acrobacias mentres se empregan dúas pistolas simultaneamente e combater depredadores letais (dende lobos ata un terrorífico Tyrannosaurus rex).

PUBLICIDADE