O partido Barcelona-Madrid poderá verse nos cines

venres, 20 de novembro do 2009 Marcus Fernández

O 29 de novembro celébrase o clásico encontro deportivo no que o F.C. Barcelona e o Real Madrid baten as súas forzas no campo, o que normalmente xunta a audiencias millonarias fronte ao televisor, pero Yelmo Cines tamén explotará esta retransmisión grazas a un acordo con Mediapro, de xeito que nas súas salas de exhibición proxectarán as imaxes do partido con grande calidade, «cun sinal independente e específico para o cine, convertendo a grande pantalla nun palco excepcional e privilexiado para gozar do deporte rei».
A sala de Yelmo en Vigo contará con esta proxección, e tamén os novos cines de Yelmo no centro comercial Espacio Coruña súmanse a tal evento. Un curioso xeito para asistir a eventos deportivos, que cambia o xeito de entender o consumo audiovisual, deixando claro que as salas de cine non teñen por qué limitarse ás explotación de películas.

PUBLICIDADE