O novo xogo de Naruto volve a sorprender polos seus gráficos pseudo-2D

mércores, 26 de maio do 2010 Marcus Fernández

O manga e a serie de televisión de Naruto son un éxito que, seguindo os pasos de Son Goku, teñen toda unha vaga de translacións aos videixogos, sendo a vindeira das mesmas Naruto Shippuden: Ultimate Ninja Storm 2, que será un título de loita para Xbox 360 e PlayStation 360 cun total de 60 loitadores e contando tanto cun modo aventura coma dun modo en liña moi demandado da súa anterior entrega, aínda que se algo é destacable deste título é o seu acabado gráfico, pois pese a estar feito en 3D, mediante técnicas de cel shading conseguen que o usuario teña a impresión de estar a ver a serie de televisión con incluso unha mellora gráfica, posto que o xogo ten gráficos en alta definición. De feito, moitos afeccionados consideran que os últimos xogos de Naruto poderían servir coma xeradores de episodios para a televisión, e coma mostra podemos ver o trailer da súa nova entrega para consola:

PUBLICIDADE