O novo xogo de As Bolas Máxicas para 3DS chegará con varias sorpresas

xoves, 2 de xullo do 2015 Marcus Fernández

Os seareiros de As Bolas Máxicas non só poden estar satisfeitos ante o feito de que Bandai Namco vaia traer a España o xogo Dragon Ball Z: Extreme Butoden para Nintendo 3DS no mes de outubro, senón que este lanzamento parece que vai ser bastante importante e coidado, xa que, aproveitando a celebración da Japan Expo están a debullar detalles sobre este título, como que será posible adquirilo nun lote cunha consola New Nintendo 3DS de cor negra cunha carcasa exclusiva do xogo e incluíndo unha sorpresa bastante curiosa: o xogo xaponés para Super Nintendo Dragon Ball Z: Super Butoden 2, todo un clásico que agradecerán os que seguían as aventuras de Son Goku a primeiros dos anos 90.
Os usuarios que reserven o xogo tamén terán o xogo de Super Nintendo en formato descargable (que chegará en xaponés) e tamén poderán desbloquear 6 personaxes de apoio para os combates: Son Goku de neno e de bebé, Garlic Jr., a versión superguerreiro da fusión entre Son Goku e Vexeta, Mota-Freezer e Son Gohanda cando era pequeno.

As reservas do xogo recibirán varias recompensas en formato descargable


Novo trailer do xogo para 3DS

PUBLICIDADE