O novo iPhone podería presentarse oficialmente o 7 de xuño

mércores, 28 de abril do 2010

A conferencia para desenvolvedores organizada por Apple (WWDC) terá lugar entre os días 7 e 11 de xuño no centro Moscone West de San Francisco, e alí poderanse informar sobre as últimas novidades en ámbitos coma a difusión de vídeo utilizando estándares web, a creación de xogos para a plataforma Game Center ou o desenvolvemento baixo o novo iPhone OS, agardándose tamén que as xornadas comecen coa presentación do novo modelo do iPhone, como aconteceu en pasadas edicións.

PUBLICIDADE