O novo Devil May Cry chegará en xaneiro dobrado ao español

martes, 22 de maio do 2012 Marcus Fernández

O agardado xogo DmC: Devil May Cry, desenvolvido por Ninja Theory e que suporá unha reimaxinación dunha franquía de éxito, mudando radicalmente a aparencia do seu protagonista, xa ten unha data de lanzamento fixada, que está a seguir a liña de moitos dos xogos dos que dimos conta nos pasados días, pois vaise a 2013, concretamente ao 15 de xaneiro, cando estará dispoñible en versións para PlayStation 3 e Xbox 360, chegando máis adiante tamén para PC. Capcom tamén confirmou que o xogo chegará totalmente localizado ao español, ou sexa, que incluso as súas voces estarán dobradas, o que agradecerán os que non queiran atender aos subtítulos durante as moitas secuencias de acción que incluirá este título.
Aparte da data de lanzamento do xogo, Capcom tamén revelou que no novo Devil May Cry fará acto de presenza un novo personaxe, Kat, que grazas ás súas capacidades de medium (é capaz de ver o Limbo) guiará a Dante no seu labor de cazador de demos.

Kat guiará a Dante en DmC: Devil May Cry

PUBLICIDADE