O novo Call of Duty poderá mercarse cunha PS4 de camuflaxe

xoves, 14 de setembro do 2017 Marcus Fernández

Tras o fracaso do futurista Call of Duty do ano pasado Activision volve á carga retomando as orixes máis clásicas da franquía con Call of Duty: WWII, título ambientado na Segunda Guerra Mundial que sairá á venda o 3 de novembre e, para quen aínda non teña unha consola da actual xeración, buscará ser un grande reclamo para facerse cunha a través dunha serie de lotes especiais de xogo con consola entre as que destaca especialmente unha edición da PS4 con disco duro de 1 TB e unha aparencia externa de camuflaxe. A PS4 Green Camouflage tamén conta cun mando DUALSHOCK 4 a xogo coa consola, e a edición do xogo que incluirá estará en formato disco.
Esta edición limitada da PS4 tamén incluirá contido dixital adicional como son o paquete Divisións, o paquete Zombis nazis e unha ficha de desbloqueo de arma.
Adicionalmente tamén haberá lotes de Call of Duty: WWII cos modelos de 1 TB tanto da PS4 Jet Black como da PS4 Pro Jet Black, que carecen do curioso aspecto da edición limitada, pero resultarán claramente máis discretas para, por exemplo, a súa instalación nun salón doméstico.

O lote en edición limitada incluirá o xogo de Call of Duty en disco Blu-ray

PUBLICIDADE