O novo Call of Duty levaranos ao espazo

luns, 2 de maio do 2016 Marcus Fernández

Activision realizou hoxe un grande anuncio, xa que deu a coñecer a nova xeración da franquía Call of Duty, que será a serie Infinite Warfare, coa que búscase unha redefinición cunha historia de guerra clásica nunha e audaz ambientación.
Call of Duty: Infinite Warfare verá a luz o 4 de novembro, con versións para PlayStation 4, Xbox One 3 PC, e cunha grande sorpresa: chega en versións especiais que incluirán unha edición remasterizada do clásico Call of Duty: Modern Warfare (que incluirá a campaña completa e 10 mapas multi-xogador do xogo orixinal).
Este novo lanzamento homenaxearía as raizames de Call of Duty, á vez que levaría a historia más aló dos confíns do planeta Terra até a vasta extensión do Sistema Solar, chegando a onde a franquía nunca fora antes, o que non quere dicir que vaia fuxir da crueza propia dos combates, senón que pretenden ser moi fieis ao espírito desta veterana marca, apostando tamén por unha experiencia moi cinematográfica que agradecerán os incondicionais da saga bélica de Activision.
Desta volta o xogador tomará o rol do capitán dunha nave de guerra, o que permitirá explorar novas mecánicas de xogo e descubrir novo armamento e novas habilidades; a campaña contará tanto con misións na Terra como combates aéreos, reforzando a súa narrativa cunha experiencia sen tempos de descarga, e no que as sorpresas serán frecuentes.
O multi-xogador desta nova entrega non esquecerá un modo zombis cooperativo, que trasladará aos xogadores nunha viaxe salvaxe a unha nova historia con características e mecánicas de xogo únicas.

O novo xogo promete manterse fiel á franquía, pese ao ambicioso paso cara adiante que dá.
O xogo contará con edicións especiais que incluirán a versión remasterizada de Call of Duty: Infinite Warfare

Tráiler de presentación de Call of Duty: Infinite Warfare

PUBLICIDADE