O novo Call of Duty chegará o 10 de novembro

martes, 8 de agosto do 2023 Marcus Fernández

A franquía de xogos bélicos de Activision, Call of Duty, parece querer ir sobre seguro este ano, e vén de publicar un vídeo de adianto para anunciar que a súa vindeira entrega será Call of Duty: Modern Warfare III e a súa data de lanzamento queda fixada no vindeiro 10 de novembro.
Temos así que o novo xogo seguirá os eventos dos dous anteriores Modern Warfare, e vez de explorar tempos pasados ou futuros como chegaron a facer outros anos.
Aínda que os anteriores Modern Warfare viron a luz a finais de outubro, esta entrega farase agardar até novembro, probablemente para dar tempo a consolidar a compra de Activision Blizzard por parte de Microsoft, que está previsto que se peche a mediados de outubro. Deste xeito Call of Duty: Modern Warfare III sería o primeiro título da serie publicado baixo o control do estudio por parte de Microsoft, o que podería afectar no xeito no que chegará ao público, xa que polo momento non se coñece a estratexia que a compañía seguirá con estes grandes xogos con respecto aos seus servizos de subscrición, existindo o rumor de que os xogos de Activision Blizzard non estarán dispoñibles dentro do Xbox Game Pass básico, senón que requirirían a subscrición Xbox Game Pass Ultimate.

Vídeo de adianto do novo xogo de Call of Duty

PUBLICIDADE