O mestre Ioda e Darth Vader poderán enfrontarse en Soul Calibur IV

venres, 17 de outubro do 2008 Marcus Fernández

Cando en xullo se publicaron na web imaxes e vídeos que daban a entender que o xogo Soul Calibur IV permitirá enfrontar en combate a Darth Vader e ao mestre Ioda pese a que eran personaxes exclusivos de PS3 e Xbox 360 respectivamente, o que os responsables de Namco Bandai se adiantaron a desmentir, pero que agora parecen confirmarse como unha posibilidade, xa que o 23 de outubro no Xapón (descoñecemos a data para o resto do mundo) se poderá descargar ao mestre Ioda para PS3 tralo pago de 600 iens (uns 3,6 euros), mentres que os usuarios de Xbox 360 poderán descargar a Darth Vader por 400 Microsoft Points (uns 4,8 euros) de xeito que xa será posible enfrontar en combate a dous personaxes da saga de Star Wars que non podían cruzar as súas espadas de luz nin nas películas nin nos videoxogos.
Para ir abrindo boca xa publicaron imaxes na Internet na que podemos ver cómo será a loita entre os grandes representantes dos distintos lados da Forza na triloxía orixinal de George Lucas.

PUBLICIDADE