O mes que vén teremos un novo xogo dos Pitufos para Nintendo 3DS

mércores, 9 de setembro do 2015 Marcus Fernández

Os Pitufos levan uns anos de volta en distintos medios, en boa medida grazas ás súas versións cinematográficas, pero Ubisoft está a anunciar un novo xogo destes personaxes que está baseado directamente na banda deseñada creada por Peyo a finais dos anos 50. Estamos ante un título para Nintendo 3DS que sairá á venda o 13 de outubro, e que non buscará grandes complicacións xa que, aínda que conte cun argumento (alguén misterioso demoleu a aldea pitufa e hai que reconstruíla) este é simplemente o centro ao redor do que xiran 12 mini-xogos.
O xogo contará con localizacións e personaxes moi coñecidos para os seareiros das criaturas azuis de Peyo, contando así coa presenza de Papa Pitufo, Pitufiña, Pitufo Cachirulo, Gargamel, Azrael e outros; mentres que os mini-xogos presentes permitirannos xogar ás agachadas, tocar música e incluso mesturar pocións (inclinando a consola para desprazar os ingredientes e sobrando ao micrófono para arrefriar as creacións).

PUBLICIDADE