O mercado galego en liña representa un 3,2% da totalidade do español

martes, 30 de xaneiro do 2007

Hai estudos que son como ese clásico individuo que senta ó teu carón no tren ou no autobús e que emprega como tema de conversa as cuestións máis deprimentes: o mal que está a economía, o axiña que imos morrer todos, etc. Pois ben: a investigación de Bizalia sobre o uso comercial das novas tecnoloxías no estado español vén de provocar na redacción de Código Cero efectos semellantes. Os datos non deixan moita marxe para a manobra do optimismo: o trasfego comercial das empresas a través da Rede dos internautas galegos representa unicamente o 3,2% do total de España. Porén, cremos que non serve de moito acougo saber que as cousas unicamente van ben en Cataluña (con case un terzo do pastel), Madrid (co 21%), Andalucía (12,3%) ou Comunidade Valenciá (11,4%). Por sectores, os de maior pegado foron o comercio (34,42%), a hostalaría (31,2%) e os servizos (8,9%).

PUBLICIDADE