O mando da Xbox One xa pode empregarse en ordenadores persoais

xoves, 5 de xuño do 2014 Marcus Fernández

Entre os xogadores máis intensivos o mando da Xbox One é un dos mellor valorados, e para poder tirar un maior proveito do mesmo, Microsoft publica hoxe os seus controladores para que poidan instalarse directamente en versións de Windows de 32 e de 64 bits, para que os usuarios poidan gozar do seu mando de consola no ordenador dende hoxe mesmo, aínda que máis adiante non será preciso facer tal, xa que os controladores distribuiranse a través de Windows Update.
Non será preciso que os xogos actuais se adapten ao novo mando, xa que todos os títulos que xa funcionaban con mando de Xbox 360 (tamén un dos mellores para empregar no PC) serán compatibles, de xeito que poderase gozar da súa cruceta dixital mellorada, dos seus sticks analóxicos, ou do seu deseño máis cómodo.

PUBLICIDADE