O luns chega a xira de Nintendo Switch a Vilagarcía de Arousa

mércores, 16 de agosto do 2023 Marcus Fernández

O Nintendo Switch Tour que leva percorrendo España dende o pasado 1 de xullo recalará en Vilagarcía de Arousa entre os días 21 e 23 de agosto, instalándose o camión vermello de Nintendo e as súas carpas na praza da II República, para que de 15:00 a 23:00 os vilagarciáns e visitantes da vila poidan probar en primeira persoa 20 dos xogos máis destacables de Nintendo Switch nos máis de 65 postos de xogo que estarán dispoñibles.
Mario Kart 8 Deluxe, Super Mario 3D World, Super Mario Party, Metroid Prime Remastered, Splatoon 3, Luigi’s Mansion 3, Donkey Kong: Tropical Freeze, Super Mario Odyssey, Mario Strikers: Battle League Football, Pikmin 4, Everybody 1-2-Switch!, Nintendo Switch Sports e The Legend of Zelda: Tears of the Kingdom son algúns dos xogos que estarán dispoñibles para probar, e os primeiros visitantes que cada tarde se acheguen recibirán como agasallo co selo Pikmin: un pequeno paquete de sementes para que a diversión continúe florecendo en casa.

PUBLICIDADE