O lanzamento de figuras amiibo continuará en xaneiro e febreiro

martes, 11 de novembro do 2014 Marcus Fernández

Tras o éxito de Skylanders e Disney Infinity temos que Nintendo tamén quere unha porción da torta dos bonecos coleccionables que poden integrarse dentro de videoxogos, polo que prepara o lanzamento das figuras interactivas amiibo, que poderán interactuar co mando da Wii U grazas a que fan uso de tecnoloxía NFC, e que comezarán a comercializarse en España o vindeiro día 28, cando sairán 12 personaxes iniciais, aos que sumaranse 6 mes o 19 de decembro. Pero esta completa colección non vai quedar aí, e xa preparan un par de quendas de lanzamento de novas figuras.
Por unha banda espérase que o 23 de xaneiro cheguen ás tendas as figuras de Rosalina, Bowser, Lucario, Toon Link, Sheik e Ike, mentres que o 20 de febreiro teriamos personaxes aínda máis representativos, como Shulk, Sonic, Mega Man, King Dedede e Metal Knight. Amplíase así unha colección de figuras que agradecerán especialmente os xogadores de Super Smash Bros. para Wii U, aínda que non será o único xogo que tirará proveito das figuras amiibo.

PUBLICIDADE