O iPhone poderase mercar libre en Alemaña

martes, 24 de xullo do 2007

A cadea de tendas xermana Karstadt anunciou que venderá o iPhone de Apple tanto con contrato (cunha operadora sen determinar) coma libre, o que supón unha importante novidade para o mercado europeo, pois indicaría que non haberá unha exclusividade absoluta nos terminais coma acontece en EE.UU.
Os responsables da cadea alemá agardan ter unidades do iPhone a tempo para a campaña de Nadal, aínda que non se publicou nin o prezo ó que se venderá nin outros detalles sobre a política de vendas de Apple en Europa.

PUBLICIDADE