O foro (virtual) sobre Comunicación e Discapacidade celebra este sábado a súa xornada presencial

xoves, 14 de decembro do 2006

Xa se vén desenvolvendo dende hai tempo (o 6 de decembro), pero agora chega ó que poderíamos chamar o punto culminante. Falamos do foro sobre Comunicación e Discapacidade que organiza na súa web o Observatorio dos Medios do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia a través do Seminario Permanente de Xornalismo Social.
O foro, que nace da preocupación do dito Observatorio polas dificultades de acceso das persoas con discapacidade á información actual e polo tratamento que se dá nos medios (máis ben escaso e terxiversado) dos seus problemas, chega este sábado á súa segunda parte, consistente nunha xornada presencial na Fundación Luis Seoane da Coruña. Nela, os participantes afondarán en tódalas ideas desenvolvidas ó longo do foro virtual. A participación é gratuíta e emitirase un certificado de asistencia con validade curricular.

PUBLICIDADE