O dominio .yu deixa de estar operativo

mércores, 30 de setembro do 2009

Despois dunha prórroga, hoxe é a data na que está marcada a desaparición do dominio de Internet de primeiro nivel asignado á República Federal de Iugoslavia, de xeito que os catro milleiros de dominios que ata o momento remataban en .yu deberán optar por mudar ao sufixo de Serbia (.rs) ou Montenegro (.me), rematando así un proceso iniciado en 2006, cando ICANN decidiu eliminar o ccTLD que identificaba a un país que xa non aparecía no mapa.

PUBLICIDADE