O discos Blu-ray e HD DVD poderían permitir copias limitadas

venres, 25 de maio do 2007

Os sistemas de protección nas películas en DVD era unha das apostas da industria cinematográfica polo formato (aínda que se podía evitar de xeito doado) pero agora parecen querer flexibilizar a súa política nos formatos Blu-ray e HD DVD, xa que están a negociar a incorporación dunha tecnoloxía DRM de AACS coñecida coma managed copy e que permitiría a realización de copias limitadas dos discos, o que sería unha interesante vantaxe para os consumidores, que poderían adaptar as películas mercadas para poder velas noutros dispositivos (coma o PC).
Este novo xeito de protexer os contidos dos discos con películas de alta definición podería chegar ó mercado este ano, aínda que o feito de que a protección actual destes discos xa se rachase non auspicia moito futuro ós novos sistemas.

PUBLICIDADE