O director que conseguiu 75 millóns de espectadores no YouTube estará este venres en Santiago

mércores, 3 de setembro do 2008 Fernando Sarasketa

Zapata e máis a actriz principal da curta, Fátima Baeza.

Tendo en conta a cantidade de vídeos que se penduran cada día en YouTube, case poderíamos dicir que acadar que unha obra determinada sexa vista por máis de 100 internautas constitúe en boa medida un mérito. Neste senso, o caso do director madrileño Guillermo Zapata semella un caso aparte. El sozinho conseguiu atraer a atención na comunidade en liña de até 75 millóns de persoas, e todo grazas a unha peza audiovisual ben concreta: Lo que tú quieras oír. Pois ben, co fin de tirar partido da súa experiencia e de que nos dea conta dalgún que outro segredo do seu éxito (a obra situouse en marzo como o vídeo de YouTube máis visto a nivel mundial), o Consello da Xuventude de Galicia vai organizar este venres 5 de setembro un relatorio que, precisamente, ten ao devandito director como actor principal.
A cita co director en Compostela será ás 20.00 horas no Club Internacional de Prensa de Santiago. Por certo que amais da charla propiamente dita, levarase a cabo a proxección da devandita obra e máis de outra peza da mesma colleita e autoría, Y todo va bien. Na sesión tamén estará presente Dolores Rodríguez Amoroso, presidenta do CXG. Sinalar que Zapata, amais de director de curtas, é guionista de Hospital Central.


A curtametraxe íntegra Lo que tú quieras oír

PUBLICIDADE