O crecemento da blogosfera podería estancarse en 2007

xoves, 14 de decembro do 2006

Os analistas de Gartner realizaron unha serie de predicións tecnolóxicas do que será o ano 2007, e no tocante ó fenómeno dos blogs vaticinan que estes acadarán o seu punto de inflexión, de xeito que a mediados do vindeiro ano se podería chegarse ó pico da blogosfera, tralo que se podería reducir o crecemento no número de blogs, non só porque diminúa o número de novas bitácoras senón porque moitos blogueiros cesen a súa actividade (dende Gartner sosteñen que xa hai 200 millóns de persoas que deixaron de actualizar os seus blogs).
Tamén auspician que a finais de 2007 o 75% das empresas padecerán o malware (aplicacións informáticas con malas intencións, coma programas espías, virus ou troianos).

PUBLICIDADE