O correo electrónico imponse no mundo da empresa

mércores, 22 de agosto do 2007

Un estudo publicado pola consultora Dimension Data expón que a utilización de mensaxes de correo electrónico no mundo laboral se converteu xa en habitual, de xeito que está a suplantar o uso do teléfono.
Para concluír tal realizouse unha enquisa en 524 empresas de 13 países na que o 99,6% dos empregados declararon usar o e-mail nas súas comunicacións laborais, contra un 80% o teléfono fixo, un 76% o móbil e un 66% a mensaxería instantánea.

PUBLICIDADE