O congreso LeWeb3 tratará en París o futuro da web e dos servizos móbiles

luns, 30 de outubro do 2006 Marcus Fernández

Os días 11 e 12 de decembro celebrarase en París o congreso LeWeb3, organizado por Loic Le Meur (de SixApart) que servirá para debater sobre a nova xeración da web e os servizos móbiles, os xogos virtuais (e as súas comunidades), os medios de comunicación tradicionais e novos e outros temas, que xa na pasada edición achegou a máis de 450 emprendedores, persoeiros e blogueiros de 25 países.
A presenza española no evento é moi cativa, destacando a participación de Martín Varsavsky, que aproveitará o evento para presentar ó público a súa rede FON, e moitas outras novas empresas amosarán as súas creacións agardando xuntar a máis dun milleiro de participantes.
As conferencias realizaranse en inglés (pese a que se realicen en Francia) e precisan dunha inscrición que, de realizarse antes do 11 de novembro, custa 358 euros (incluíndo almorzo e xantar).

PUBLICIDADE