O clásico Spy Hunter adaptarse ás últimas consolas de videoxogos portátiles

mércores, 30 de maio do 2012 Marcus Fernández

A poucos meses do 30º aniversario do xogo de recreativas Spy Hunter, Warner Bros Interactive Entertainment anuncia que vai reiniciar a saga, para o que ten a TT Fusion traballando nun xogo para PS Vita e Nintendo 3DS que termos nas tendas no outono e que permitirá tomar o papel dun axente ao volante dun supercoche de alta tecnoloxía G-6155 Interceptor, que incorpora armamento avanzado e está preparado para facer fronte a unha organización terrorista global que quere dominar o mundo.
Dende Warner Bros Interactive Entertainment aseguran que a xogabilidade clásica actualizouse para dar aos usuarios de PS Vita e 3DS unha nova experiencia cargada de adrenalina, ofrecendo tamén “máis opcións na transformación e personalización con mellores controis, gráficos brillantes e cámaras de acción melloradas”.
Pero os cambios técnicos en Spy Hunter non farán que o xogo perda unha das súas características clásicas: o noso potente coche pode converterse nunha lancha rápida, e incluso pode transformarse nun vehículo de asalto capaz de moverse por fóra das estradas.


Trailer de presentación do novo xogo de TT Fusion


Así era o Spy Hunter que chegou ás máquinas recreativas en 1983

PUBLICIDADE