O clásico Dungeon Keeper culmina o seu lanzamento para iOS

xoves, 30 de xaneiro do 2014 Marcus Fernández

O xogo de estratexia desenvolvido en 1997 por Bullfrog cando aínda estaba baixo a batuta de Peter Molyneux, Dungeon Keeper, está xa de volta como título de balde baixo a fórmula do free-to-play, e tras a súa versión para Android, chega hoxe á App Store como aplicación universal, propondo tácticas retorcidas para someter aos inimigos invocando a forzas diabólicas, xa o que lema deste clásico é “o mal é bo”.
En Dungeon Keeper teremos que construír o refuxio subterráneo definitivo, con exércitos de trolls, demos e bruxos loitando facendo uso de ataques especiais para destruír aos seus competidores, sendo tamén posible colocar trampas defensivas, saquear os recursos dos inimigos e incluso unir forzas con xogadores de todo o mundo para compartir criaturas, aumentar a produción de recursos e gañar logros exclusivos de gremios.
Ao ser un xogo que podemos descargar de balde, é de agardar que a partir de hoxe haxa moitos usuarios de dispositivos móbiles que se animen a probar a experiencia de converterse no gardián do alxube.

O xogo é como un tower defense, pero sen torres


Trailer da versión para Android de Dungeon Keeper

PUBLICIDADE