O centro comercial Dolce Vita terá acceso á Internet por Wi-Fi de balde

mércores, 15 de outubro do 2008 Marcus Fernández

Este venres se inaugura na Coruña o centro comercial Dolce Vita, que dende a súa apertura contará con 5 puntos de acceso Wi-Fi para que os seus visitantes poidan conectarse á Internet de balde e que foron instalados polo operador galego de telecomunicacións Telemo.
Esta rede pública de acceso controlará o tráfico P2P e impedirá o acceso a contidos de carácter violento, sexual ou non axeitado para todos os públicos, de xeito que os cativos que aproveiten esta conexión á Rede poderán navegar pola web con confianza e seguridade.
Os puntos de acceso están localizados nas zonas destinadas ao lecer no centro comercial no que tamén se instalaron 10 teléfonos para uso público en zonas estratéxicas.


Vídeo de presentación do novo centro comercial da Coruña

PUBLICIDADE