O centro atlanTTic luciu proxectos no Foro Transfiere

luns, 25 de marzo do 2024 S. P.

A semana pasada, entre o mércores e o venres atlanTTic celebrouse en Málaga o Foro Transfiere, Foro Europeo para la Ciencia, Tecnología e Innovación. Galicia contou cunha nutrida delegación de entidades e centros centrados na investigación, o desenvolvemento e a transferencia tecnolóxica, delegación encabezada pola Axencia Galega de Innovación (GAIN) e que contou coa presenza do centro atlanTTic (Uvigo).
No que está considerado o maior evento europeo sobre I+D+i e transferencia de coñecemento, o centro vigués, estivo representado polo seu xestor, Miguel Álvarez, que acudiu a cita xunto á vicerreitora de Investigación, Transferencia e Innovación, Belén Rubio, e persoal da Oficina de I+D, como os técnicos superiores Jose Jato e Elena Gil.
O obxectivo deste foro foi impulsar a transferencia de coñecemento científico e tecnolóxico, mellorar a competitividade e xerar novas oportunidades de negocio e colaboración que axuden a definir a folla de ruta da axenda I+D+i europea e a súa converxencia no escenario global. Na edición de 2023, a duodécima deste evento, participaron máis de 4.300 visitantes profesionais que tiveron a oportunidade de conectar con 500 empresas, entidades e institucións tractoras da innovación.
Na edición deste ano do Foro Transfiere participaron máis de 500 empresas, entidades e administracións públicas, máis de 350 empresas, entidades e administracións públicas en zona expositiva, 12 comunidades autónomas, 60 entidades académicas, 80 startups , 40 investidores, 30 países representados, 440 expertos e expertas no programa de contidos, 100 paneis e conferencias, 50 actividades paralelas e 77 prototipos e proxectos de investigación.

PUBLICIDADE