O candidato popular en Oleiros publica un vídeo na Internet

martes, 26 de decembro do 2006 Marcus Fernández

A guerra dos vídeo políticos na Internet, que xa nos achegou producións da FAES, do PP, de CiU e do PSOE, chega a Galicia da man do PP de Oleiros, que dende a súa páxina web, aparte dunha felicitación de Nadal (na que falan dun “Feliz Ano electoral e un próspero cambio de Goberno” xunto cunha imaxe dunha margarita perdendo os seus pétalos en referencia ó partido no poder, Alternativa dos Veciños) tamén ligan a un vídeo na Internet.
A produción subida a Google Video presenta ó candidato Pablo Cobián falando con veciños e denunciando a situación actual do concello oleirense. A peza contou coa realización do cineasta galego Alber Ponte (amigo persoal do candidato á alcaldía).
Con esta nova iniciativa, Cobián continúa a apoiarse na Internet para darlle pulo á súa precampaña electoral, converténdose nun referente en Galicia deste tipo de actuacións, que se agarda que se espallen por máis concellos durante os vindeiros meses.
Velaquí o vídeo mencionado:

PUBLICIDADE