O cambio á simetría da fibra óptica de Movistar será de balde para os clientes de Fusión

mércores, 23 de marzo do 2016 Marcus Fernández

O diario Expansión adianta en primicia que a simetría de Movistar será de balde para os clientes de Fusión

A chegada da simetría ás redes de fibra óptica de Movistar en maio continúa a detallarse, e na edición impresa do diario Expansión non só insisten en que os usuarios de conexións FTTH de 30 e 300 Mbps de Movistar van poder gozar de conexións coa mesma velocidade de descarga que de subida, senón que indica que a mellora de velocidade producirase paulatinamente a partires do 30 de abril (que é a data a partir da que gozarán das novas velocidades os novos clientes).
O xornal económico indica que os clientes actuais que queiran gozar da simetría deberá solicitalo a través do 1004, a aplicación Mi Movistar ou a canle en liña da operadora, aínda que esta nova configuración das conexións de Internet rematará chegando a todos os usuarios, pero matizan que os únicos usuarios que recibirán a simetría de balde serán os que teñan contratado Movistar Fusión+, mentres que os clientes que non teñan contratada a oferta converxente de Movistar terán que pagar 5 euros para pasarse ás novas velocidades simétricas.
Este cambio de velocidades van supor unha dura competencia para plataformas baseadas en cable (como R) que terán serias dificultades para poder competir con estas conexións á Rede por mor da tecnoloxía que empregan para levar a conexión á Internet até o fogar.

PUBLICIDADE