O Turing deste ano recae por vez primeira nunha muller

xoves, 22 de febreiro do 2007

Por primeira vez na historia e logo de 40 anos galardoando exclusivamente ós varóns, o Turing deste ano, un premio que poderíamos cualificar de “Nobel de Informática, recaerá na científica, Frances Allen, unha muller de 75 anos formada na Universidade de Michigan que se incorporou á plantilla de IBM no 1957.
Dende que o galardón Turing foi instaurado en 1966 pola Asociación para a Maquinaria Informática, tódolos anos premiou avances en eidos como os da intelixencia artificial ou a codificación. Desta volta, Allen é meritoria do recoñecemento (que ascende a 76.120 euros) polos seus traballos de optimización de programas de tradución de linguaxes informáticas entre si, algo empregado en campos tan dispares como as previsións meteorolóxicas ou a seguridade nacional.

PUBLICIDADE