O Surface Book prepara a súa chegada a Europa
martes, 5 de xaneiro do 2016
En
outubro Microsoft sorprendeu
ao mundo co seu novo Surface Book, equipo que supón un importante paso
adiante con respecto á tableta Surface Pro 4, e que aÃnda non conta con
resposta de ningún fabricante, polo que é un produto moi desexado, e finalmente
o imos ter en Europa, aÃnda que só nalgúns paÃses.
Este versátil equipo que pode facer tanto de tableta de 13,5 polgadas, de
tableta gráfica activa con lapis dixitalizador ou de ordenador portátil
completo prepara o seu desembarco no Reino Unido, onde xa aceptan reservas
na tenda en liña de Microsoft, aÃnda que o equipo tamén poderá mercarse en
Currys e PC World, esperándose que estea dispoñible a partires do vindeiro 18
de febreiro.
Este potente equipo ten o seu principal atranco no prezo, xa que parte de 1.299
libras esterlinas (1.770 euros) para a versión máis básica (con cun procesador
Intel Core i5, 8 GB de RAM e 128 GB de SSD), mentres que o modelo máis
recomendable, con 256 GB de SSD e unha gráfica discreta subirÃa o seu prezo até
as 1.599 libras (2.178 euros). De queremos optar por un modelo cun procesador Intel
Core i7 xa haberÃa que pagar 1.799 libras (2.451 euros) e a versión con Core
i7, 16 GB de RAM e 512 GB de SSD asustarÃa cun prezo de 2.249 libras (3.064
euros), que serÃa o que hai que pagar para gozar dun dos mellores equipos
informáticos que se fixeron nunca.
Polo momento non se coñece a data na que o equipo chegará oficialmente a
España, pero é de agardar que sexa en cousa dun par de meses.