O Sony Xperia 5 V non superará a barreira dos mil euros

venres, 1 de setembro do 2023 Marcus Fernández

Sony presentou hoxe o seu novo smartphone de alta gama Xperia 5 V, equipado co último sensor Exmor T for mobile (que ofrece unha grande versatilidade fotográfica), aínda que non só está deseñado para unha boa captación de contidos, senón que tamén coida o consumo de música e vídeo, así como a súa autonomía.
O Sony Xperia 5 V está equipado cun procesador Qualcomm Snapdragon 8 Gen 2; a súa cámara traseira dual conta con obxectivos ZEISS capaces de disparar fotografías con 3 distancias focais diferentes (16, 24 e 48 milímetros); inclúe toma para auriculares e tecnoloxía DSEE Ultimate para conseguir unha magnífica experiencia sonora; a súa pantalla é compatible con HDR e conta cun elevado nivel de brillo que facilita o seu uso incluso en exteriores; e a súa xenerosa batería de 5.000 mAh con carga mediante cable e sen fíos non só aseguran que pode durar dun día para outro coa metade da carga, senón que tamén tira da tecnoloxía Xperia Adaptive Charging para que a batería ter un bo rendemento até 3 anos.
O novo smartphone de Sony chegará ao mercado a finais de mes a un prezo recomendado de 999 euros.

Vídeo promocional do Xperia 5 V

PUBLICIDADE