O Samsung Ring pódese ver en Barcelona

luns, 26 de febreiro do 2024 Marcus Fernández

Coincidindo coa celebración do Mobile World Congress en Barcelona, Samsung lanza un manifesto en favor da saúde dixital, propoñendo o uso da IA e dos dispositivos Samsung Galaxy para o seu coidado. Aínda que a compañía xa conta no seu catálogo con reloxos que facilitan o seguimento da saúde, en Barcelona permiten ver un produto que presentarán máis adiante: o Samsung Ring.
O futuro anel de Samsung buscaría facer un seguimento da nosa saúde durante as 24 horas, dun xeito máis cómodo que un reloxo, de xeito que recollería datos cos seus sensores durante o día e a noite para que logo fosen procesados pola IA de Samsung para logo ter unha visión global do noso benestar persoal e recibir consellos para ter unha vida máis saudable.
Polo momento non detallan nin os sensores que incluirá o Samsung Ring, pero atendendo a outros produtos semellantes que xa hai no mercado podemos entender que servirá como monitor cardíaco, medidor do osíxeno en sangue e incluso monitor do sono, de xeito que podería amosar un retrato do noso benestar físico moi completo. De incluír seguimento da tensión arterial superaría a outros produtos semellantes.

O Samsung Ring estará dispoñible en múltiples talles

PUBLICIDADE