O Samsung GALAXY S 4 preséntase pondo o acento no seu software
venres, 15 de marzo do 2013
- O Samsung GALAXY S 4 presentouse en sociedade cunha posta en escena moi teatral (estilo Broadway)
Esta noite Samsung presentou a
cuarta xeración do seu smartphone GALAXY S, que desta volta definen como un
compañeiro para unha vida máis rica, sinxela e completa, o que non é máis que
un xeito de envolver ben un terminal móbil de alta gama, na liña dos mellores
móbiles que nos pasados dÃas viron a luz no Mobile World Congress de Barcelona,
pero cunha chea de aplicacións desenvolvidas por Samsung que, como aconteceu co
GALAXY S III, serven para marcar a diferenza.
O Samsung
GALAXY S 4 apúntase a moda das pantallas AMOLED Full HD de 5 polgadas, asÃ
como á das cámaras traseiras de 13 MpÃxeles (acompañada por unha cámara frontal
de 2 MpÃxeles), pero presumindo de pesar só 130 gramos e ter un grosor de só
7,9 milÃmetros sen comprometer a súa integridade. Como outras prestacións
técnicas que podemos detallar estarÃa o seu procesador de catro núcleos a 1,9
GHz que nalgúns mercados será un procesador de oito núcleos a 1,6 GHz, 2 Gb de
RAM, 16/32/64 Gb de almacenamento interno (ampliable mediante tarxetas microSD
de ata 64 Gb), Wi-Fi a/b/g/n/ac (esta última evolución do Wi-Fi aÃnda está
pouco presente no mercado, polo que supón un paso adiante importante),
conectividade 2G/3G/4G, GPS, NFC, MHL 2.0, Bluetooth 4.0, LED de infravermellos
(para funcionara como mando a distancia), baterÃa de 2.600 mAh (que poderá cargarse sen fÃos) e sistema
operativo Android 4.2.2.
- O GALAXY S 4 poderá rexistrar nunha mesma fotografÃa ou vÃdeo imaxes captadas polas súas dúas cámaras á vez
Pero de todas estas prestacións hai poucas que non tiveramos visto nun Sony
XPERIA Z, nun Huawei
Ascend D2 ou nun ZTE
Grand S, agás, como xa mencionamos, as relativas ao software, destacando o
novo móbil de Samsung por poder utilizar simultaneamente a cámara frontal e
traseira (para sacar fotografÃas ou incluso durante videoconferencias, empregar
novos modos de disparo moi atractivos (confuncións como o time-lapse), poder rexistrar son ao tomar imaxes, xerar
automaticamente álbums fotográficos baseándose na información almacenada nas
imaxes (como a data ou a posición xeográfica) para poder incluso encargalos
como un álbum fÃsico, poder compartir contidos cos móbiles que estean ao redor
sen precisar dun punto de acceso Wi-Fi ou de cobertura móbil, reproducir a
mesma canción en varios teléfonos á vez para crear unha atmosfera de festa e
incluso integrar un tradutor de texto e voz que pode aproveitarse para
comunicarnos con quen topemos na rúa ou para mensaxes de correo electrónico, de
texto e mesmo conversas a través de ChatON.
- O Samsung GALAXY S 4 ten un grosor de só 7,9 milÃmetros
O novo smartphone tamén detecta a cara do usuario, a súa voz e os seus
movementos para permitir controlar a pantalla sen ter que activala mediante
contacto. Con Smart Pause podemos facer que o móbil pare un vÃdeo se deixamos
de mirar para el; Smart Scroll fai que unha páxina web ou correo electrónico
desprácese cando esteamos mirando a pantalla e movendo lixeiramente o pulso;
Air Gesture permite mudar a canción que estamos escoitando, desprazarse por
unha páxina web ou responder a unha chamada abaneando a man; S Voice Drive permite
controlar o móbil coa voz cando imos ao volante do coche; Optical Reader
recoñece texto, tarxetas de visita e códigos QR achegando funcións como a
tradución, unha chamada telefónica, unha mensaxe de texto ou unha busca sen esforzo;
e WatchON converte o GALAXY S 4 nun mando a distancia para os dispositivos
controlables por infravermellos que teñamos no fogar (dende o televisor até o
aire acondicionado).
Está prevista a chegada do Samsung GALAXY S 4 ao mercado europeo durante o
segundo trimestre do ano, que no
caso británico será o 26 de abril (polo que é de agardar que o lanzamento
español estea preto de tal data).
VÃdeo de presentación do novo Samsung GALAXY S 4