O RPG de acción Soulcraft estréase en Windows Phone 8

luns, 17 de xuño do 2013 Marcus Fernández

Tras aterrar en iOS, Android e Windows 8, o xogo de rol de acción Soulcraft estrea versión para Windows Phone 8 a un prezo de 1,49 euros, levando esta experiencia guerreira a numerosos alxubes terroríficos, nunha historia situada nun momento no que os anxos e demos fan un pacto ante o inminente descubrimento da vida eterna por parte dos humanos, que podería desencadear a apocalipse no mundo real, polo que haberá que loitar para manter o círculo da vida. Polo momento o xogo permite encargar a un anxo, pero en futuras actualizacións estarán dispoñibles as faccións dos humanos e dos demos).
Soulcraft é un traballo do estudio de videoxogos MoibleBits, conta cuns gráficos fascinantes, leva os seus combates a escenarios reais como Venecia, Roma, Hamburgo ou Exipto, conta con 5 modos de xogo, o seu repertorio de inimigos é moi variado, o seu modo multi-xogador permitiranos competir contras os nosos amigos (aínda que no futuro espérase contar tamén cun modo cooperativo) e basea o seu modelo de negocio en boa medida á compra dentro da aplicación de moedas de ouro virtuais.
Estamos ante un dungeon crawler bastante tópico que destaca pola súa vocación multi-plataforma.

Soulcraft é un dungeon crawler estándar do que podemos gozar en plataformas móbiles

PUBLICIDADE